Castellano Galego
Asumindo que, ademáis dunha bule-bule son unha novata despistada nisto das weblogs, non entendo de todo o sentido desta iniciativa. Achegar internet a todos está ben, potenciar un sentimento de comunidade en Compostela, aínda está mellor; é algo que boto moito de menos nesta vila. Pero se a isto lle engadimos "ser embaixadores", para "atraer turismo" (iso lín na prensa), a cousa xa me desorienta un pouco. Gústanme as cidades abertas, vivas, en movimento. Pero a compulsión por atraer turismo paréceme que estraga un pouco a calidade de vida nunha cidade tan fermosa como esta. Gustaríame vivir nun barrio cuidado, nunha vila estimulante, rodeada de viciños tolerantes, divertidos e participativos; non quero vivir nun escaparate.
Aínda así, disfruto de Santiago e ogallá me vaia sentindo unha compostelana de pro. Vou poñer todo da miña parte.
1. Bueno, pero Santiago é unha cidade turistica.. Non é Torremolinos (afortunadamente e por favor, alcalde, loite para que non chegue nunca nin a asemellarse) pero vivimos do turismo... Dicir que non sería negar o evidente
2. Que mala costumbre esa de morder la mano que nos da de comer....¿cómo puedes criticar el turismo?
3. Ogallá o turismo siga dando de comer durante moito tempo; e ogallá en Santiago se potencien tamén outras cousas. Non sei como podo pensar tal cousa. Menudo despiste teño. En fin, espero non ter cometido un sacrilexio horrendo, ou un crime execrable deses que avergoñan á natureza humana...
4. A mi me parece que esta iniciativa no esta tan mal, pero turismo no va a aportar, ya que turista de fuera no va a entender la mitad de las cosas puesto que no hay casi nada en castellano. Es asi... lo siento aprecio moito a lingua galega, pero hay que ser realistas...En tal caso, alguien de fuera, que es gallego y que tiene morriña, a ese si que le viene de perlas...