Unha boa idea pero mal implementada
martes, 09 de maio de 2006 14:15
Eu sempre recomendo aos meus coñecidos e clientes que se lancen á blogosfera. O concepto de "colexio invisible" do que me falou Catuxa ( deakialli.bitacoras.com ) paréceme moi axeitado: fórmanse grupos de blogues con intereses comúns, que intercambian opinións, material, se enlazan entre eles…
A blogosfera require dunha linguaxe hipertextual que é difícil de ter nos cadernos. Pero os cadernos cidadáns semellan ser xustamente iso, cadernos; e non chegan a categoría de blogues.
Europa Press, non sei canto se cobra aos concellos por este servizo, pero hai que poñerse as pilas!!
É preciso coñecer o medio e non velo simplemente como unha "ferramenta".