Compostela Castellano  Galego  

Probando os cadernos

Un repaso aos cadernos, a disposición de Europa Press

Erros ao tentar utilizar HTML

09/05/2006

Un estrano erro non me avisa de que non podo utilizar etiquetas HTML.

http://compostela.cidadans.net/berridos/2006/05/09/erros-ao-tentar-utilizar-html/
3 Comentarios - Enviar comentario

Unha boa idea pero mal implementada

09/05/2006

Eu sempre recomendo aos meus coñecidos e clientes que se lancen á blogosfera. O concepto de "colexio invisible" do que me falou Catuxa ( http://deakialli.bitacoras.com ) paréceme moi axeitado: fórmanse grupos de blogues con intereses comúns, que intercambian opinións, material, se enlazan entre eles…

A blogosfera require dunha linguaxe hipertextual que é difícil de ter nos cadernos. Pero os cadernos cidadáns semellan ser xustamente iso, cadernos; e non chegan a categoría de blogues.

Europa Press, non sei canto se cobra aos concellos por este servizo, pero hai que poñerse as pilas!!

É preciso coñecer o medio e non velo simplemente como unha "ferramenta".

http://compostela.cidadans.net/berridos/2006/05/09/unha-boa-idea-pero-mal-implementada/
5 Comentarios - Enviar comentario

Erros nos cadernos

09/05/2006

Primeiro tentei rexistrarme nos cadernos cidadáns de Arteixo, pero unha chea de erros que non me explicaban o que estaba a facer mal, impedíronmo.

Agora tento poñer unha ligazón á definición de blogomillo nos comentarios e non podo.

Ummm... coido que aínda hai moito que mellorar.

http://compostela.cidadans.net/berridos/2006/05/09/erros-nos-cadernos/
4 Comentarios - Enviar comentario

Outro xestor de blogues

09/05/2006

É esta a mellor forma de promocionar a entrada no blogomillo por parte dos cidadáns?

http://compostela.cidadans.net/berridos/2006/05/09/outro-xestor-de-blogues/
7 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados