Compostela Castellano  Galego  

Probando os cadernos

Un repaso aos cadernos, a disposición de Europa Press

Unha boa idea pero mal implementada

09/05/2006

Eu sempre recomendo aos meus coñecidos e clientes que se lancen á blogosfera. O concepto de "colexio invisible" do que me falou Catuxa ( http://deakialli.bitacoras.com ) paréceme moi axeitado: fórmanse grupos de blogues con intereses comúns, que intercambian opinións, material, se enlazan entre eles…

A blogosfera require dunha linguaxe hipertextual que é difícil de ter nos cadernos. Pero os cadernos cidadáns semellan ser xustamente iso, cadernos; e non chegan a categoría de blogues.

Europa Press, non sei canto se cobra aos concellos por este servizo, pero hai que poñerse as pilas!!

É preciso coñecer o medio e non velo simplemente como unha "ferramenta".

http://compostela.cidadans.net/berridos/2006/05/09/unha-boa-idea-pero-mal-implementada/
5 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Creo que tes un concepto fixo do temo e iso impídeche avanzar. Pois a min paréceme moi sinxela de usar. É unha forma moi doada para os que somos 'expertos' en Internet. Si quixera algo máis perfeccionado pois non estaría aquí, senon noutro lugar.

    Publicado Caladiño | 09/05/2006 15:37:44
  • 2. Creo que tes un concepto fixo do temo e iso impídeche avanzar. Pois a min paréceme moi sinxela de usar. É unha forma moi doada para os que NON somos 'expertos' en Internet. Si quixera algo máis perfeccionado pois non estaría aquí, senon noutro lugar

    Publicado Caladiño | 09/05/2006 15:38:56
  • 3. Caladiño, avanzar cara onde?

    Que sexa sinxela non quere dicir que sexa acertada. Non son o primeiro que fai unha crítica ( http://arteixo.cidadans.net/arteixoenfotos/244 ) e o único que facemos aquí e deixar as nosas opinións para que Europa Press mellore o sistema e de verdade se lle poida tirar proveito a esta iniciativa. Xa que está financiada cos meus cartos, teño dereito a esixir que se gasten nun servizo de calidade.

    Publicado Rodrigo | 09/05/2006 16:16:57
  • 4. ¿como hai que hacer para subir fotos?gracias

    Publicado el pianista con guantes | 10/05/2006 01:41:27
  • 5. Hola Pianista. Subir fotos e moi sinxelo. Cando tes publicada unha anotacion seleccionas 'editar' a anotación, logo seleccionas 'subir foto' e logo 'enviar arquivo'

    Publicado europa press | 10/05/2006 08:37:47

Facer comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados