¿Canta xente le estes cadernos?
19/01/2007
Desde xullo do pasado ano a participación nestes Cadernos Cidadáns de Compostela foi continuada e crecente.
O mes con máis actividade coincide co último do ano. Durante decembre os blogs dos cidadáns de Compostela tiveron 1.102 visitas dun total de 293 usuarios.
A audiencia durante o último semestre do ano foi evolucionando ata alcanzar as 3.547 visitas dun total de 1.404 persoas distintas.