Cadernos Composteláns Compostela.Cidadáns.NetConcello de SantiagoEuropaPress.NET

Cadernos Composteláns

Galego | Castellano

cultur@rte

arte e cultura

EXPOSICIÓNS RECENTES

luns, 09 de xuño de 2008 23:47
culturrte: EXPOSICIÓNS RECENTES

Temos estes días en Compostela varias exposicións donde a pintura volve a ser a protagonista. Así temos a exposición na Galería Metro de Xurxo Alonso, donde predomina a cor e fai alusión a unha inventiva particular, combinando distintas composicións pictóricas. Na Galería SCQ, está Alvaro Negro con traballos pictóricos sobre vidrios, nunha alusión as antigas vidrieiras, onde luz e cor van conformando as formas entre abstracións e trazos. Na Galería Trinta están as pinturas de Anxel Huete, donde as liñas de cores superpostos dan unhas topografías particulares, territorios do abstracto e do simbólico. Na Galería Espacio 48, están as pinturas de Vicente Prego, que como en anteriores ocasións atrapan o tempo, nas veladuras e riscaduras, no diálogo abstración e figuración. E logo na Sala C, está Manuel Eiris, cos rascamentos para descubrir debuxos e pinturas.
Polo tanto unhas interesantes exposicións, que revalidan a atualidade da pintura, dende artistas novos ata algúns non tanto, poñendo de atualidade a arte pictórica, a innovación e a expresión.
Un saúdo de Nolo.

http://compostela.cidadans.net/culturrte/51731
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

EN MEMORIA DE FERNANDO GARCÍA

mércores, 28 de maio de 2008 11:50
culturrte: EN MEMORIA DE FERNANDO GARCÍA

Aínda teño certa dificultade para escribir sobre o escultor e amigo Fernando García Blanco, o escultor de Bonaval, pois foron moitos os momentos que pasei o longo dos anos no seu taller de Bonaval. Alí, e mentras seguía traballando a pedra, falamos de arte, de cultura, de xente, da cidade de Compostela, que él tambén coñocía e quería.
Como escultor, non cabe duda que era dos bós, alumno do gran Asorey, aprendeu o seu oficio de pequeno, e estivo traballando ata que os seus pulmóns afectados polo polvo, xa non podían seguir.
Amigo e compañeiro, sempre dandome consellos, dendo os anos 80, seguiu a miña traxectoria como a dos meus compañeiros do grupo ANAKOS, que el nos axudou a consseguir expoñer alá polos 80 xa no Museo do Pobo Galego.
Botaremoste de menos, e sempre estarás no meu recordo, e Bonaval está triste porque faltas, dos paseos, a fonte donde bebías e ibas coller auga, as visitas o Museo do Pobo o teu carón, tantos e tantos recordos, arte e cultura, o escultor do pobo, sinxelo, solidario, humilde, grande e traballador.
O meu pequeno homenaxe dende o sentimento e o corazón.
Un saúdo de Nolo.

http://compostela.cidadans.net/culturrte/50777
1 Comentarios  -  Envía o teu comentario

SEGUNDA PEL de Nando Lestón

martes, 20 de maio de 2008 10:38
culturrte: SEGUNDA PEL de Nando Lestón

Pasada xa a celebración do día da árbore, onde sempre se plantan novas árbores en distintos parkes e montes, temos que recordar tamén a homenaxe que se lle fai, neste caso as árbores mortas, mais concretamente queimadas.
E esto é o que fai o artista Nando Lestón, que partindo das árbores queimadas pola zona de Carnota, monte Pindo, recuperaas para facelas esculturas iconos, sacar os secretos que gardan no seu interior, mais tamén chamar a atención da destrucción do monte polos incendios.
Esta exposición que podemos ver na Casa da Parra de Santiago
combina pinturas e esculturas, para unha toma de conciencia e implicación na defensa da natureza, cada vez mais amenazada, e sobre todo que as árbores do noso Pais, que dan riqueza e vida, que sirven como material para a arte, sigan a conservarse e poñerse en valor, para que a vida siga a ter sentido e atractivo.
Un saúdo de Nolo.
Un

http://compostela.cidadans.net/culturrte/50159
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

TELAS PINTADAS DE DARÍO BASSO

xoves, 08 de maio de 2008 11:45
culturrte: TELAS PINTADAS DE DARÍO BASSO

Estamos tendo estes días no Museo do Pobo Galego a exposición de telas pintadas do artista Darío Basso, exposición titulada: Algortimi dixit.
Esta exposición componse de varias telas de gran formato pintadas a partir xa de telas decoradas con motivos xeométricos fundamentalmente, chamadas haimas, procedentes de Oriente, e que a Darío Basso, lle sirven de base para logo facer as súas pinturas abstratas, ou encher de cor espazos das telas, facendo así unha combinación entre o xa feito coas novas aportacións de Darío.
Querendo así de esta forma, facer unha chamada de atención e un achegamento armónico, entre as dúas culturas, a Oriental e a Occidental, moitas veces enfrentadas, e sendo motivo de guerras e conflictos.
O mundo das artes, das ciencias e da cultura en xeral, deben de transpasar esas barreiras que se crean artificialmente en nome de relixións, creencias, mitos, ou politicas fundamentalistas, para achegarse, intercambiarse, e posibilitar riqueza cultural, democrática, e de entendemento entre pobos, para ir construíndo entre todos un mundo mellor.
Un saúdo de Nolo Suárez.

http://compostela.cidadans.net/culturrte/49192
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario
+ ver máis >>
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados