EXPOSICIÓN DE JOSEPH BEUYS
29/08/2008
Estamos tendo a exposición de J Beuys en Compostela na sala da Fundación Caixa Galicia, denominada Múltiples, donde se recollen esas diversas produccións o longo dos anos de este artista sempre polémico. Xa que Beuys, foi un artista dos que elevou a categoria de arte diversos obxetos, elementos, manifestos, accións, donde él estaba implicado e comprometido. Elaborou distintas teorias, sendo unha das mais innovadoras, a de que cada persoa pode ser un artista en potencia, solo ten que encontrar os medios e as formulas de expresarse.
E él buscou distintas formas e medios, algúns deles cifrados, dificiles de comprender xa que son fruto das súas reflexións persoais. Fixo da natureza, da intervención con animais, con obxetos de distintos tipos, obras de arte, que hoxe están nos mais importantes museos do mundo. Sacou un pouco pois a arte do encorsamento a que estaba sometido durante moito tempo, do lenzo e do marmol, para investigar con moitos outros materiais e obxetos, con acción e intervencións tanto en espazos como na propia natureza.
Un visionario, un adiantado o seu tempo, mais sempre creativo e polémico, abriu novos camiños para a arte actual.
Así pois unha exposición interesante para ver e reflexionar.
Nolo Suárez
EXPOSICIÓNS RECENTES
09/06/2008
Temos estes días en Compostela varias exposicións donde a pintura volve a ser a protagonista. Así temos a exposición na Galería Metro de Xurxo Alonso, donde predomina a cor e fai alusión a unha inventiva particular, combinando distintas composicións pictóricas. Na Galería SCQ, está Alvaro Negro con traballos pictóricos sobre vidrios, nunha alusión as antigas vidrieiras, onde luz e cor van conformando as formas entre abstracións e trazos. Na Galería Trinta están as pinturas de Anxel Huete, donde as liñas de cores superpostos dan unhas topografías particulares, territorios do abstracto e do simbólico. Na Galería Espacio 48, están as pinturas de Vicente Prego, que como en anteriores ocasións atrapan o tempo, nas veladuras e riscaduras, no diálogo abstración e figuración. E logo na Sala C, está Manuel Eiris, cos rascamentos para descubrir debuxos e pinturas.
Polo tanto unhas interesantes exposicións, que revalidan a atualidade da pintura, dende artistas novos ata algúns non tanto, poñendo de atualidade a arte pictórica, a innovación e a expresión.
Un saúdo de Nolo.
EN MEMORIA DE FERNANDO GARCÍA
28/05/2008
Aínda teño certa dificultade para escribir sobre o escultor e amigo Fernando García Blanco, o escultor de Bonaval, pois foron moitos os momentos que pasei o longo dos anos no seu taller de Bonaval. Alí, e mentras seguía traballando a pedra, falamos de arte, de cultura, de xente, da cidade de Compostela, que él tambén coñocía e quería.
Como escultor, non cabe duda que era dos bós, alumno do gran Asorey, aprendeu o seu oficio de pequeno, e estivo traballando ata que os seus pulmóns afectados polo polvo, xa non podían seguir.
Amigo e compañeiro, sempre dandome consellos, dendo os anos 80, seguiu a miña traxectoria como a dos meus compañeiros do grupo ANAKOS, que el nos axudou a consseguir expoñer alá polos 80 xa no Museo do Pobo Galego.
Botaremoste de menos, e sempre estarás no meu recordo, e Bonaval está triste porque faltas, dos paseos, a fonte donde bebías e ibas coller auga, as visitas o Museo do Pobo o teu carón, tantos e tantos recordos, arte e cultura, o escultor do pobo, sinxelo, solidario, humilde, grande e traballador.
O meu pequeno homenaxe dende o sentimento e o corazón.
Un saúdo de Nolo.
SEGUNDA PEL de Nando Lestón
20/05/2008
Pasada xa a celebración do día da árbore, onde sempre se plantan novas árbores en distintos parkes e montes, temos que recordar tamén a homenaxe que se lle fai, neste caso as árbores mortas, mais concretamente queimadas.
E esto é o que fai o artista Nando Lestón, que partindo das árbores queimadas pola zona de Carnota, monte Pindo, recuperaas para facelas esculturas iconos, sacar os secretos que gardan no seu interior, mais tamén chamar a atención da destrucción do monte polos incendios.
Esta exposición que podemos ver na Casa da Parra de Santiago
combina pinturas e esculturas, para unha toma de conciencia e implicación na defensa da natureza, cada vez mais amenazada, e sobre todo que as árbores do noso Pais, que dan riqueza e vida, que sirven como material para a arte, sigan a conservarse e poñerse en valor, para que a vida siga a ter sentido e atractivo.
Un saúdo de Nolo.
Un
TELAS PINTADAS DE DARÍO BASSO
08/05/2008
Estamos tendo estes días no Museo do Pobo Galego a exposición de telas pintadas do artista Darío Basso, exposición titulada: Algortimi dixit.
Esta exposición componse de varias telas de gran formato pintadas a partir xa de telas decoradas con motivos xeométricos fundamentalmente, chamadas haimas, procedentes de Oriente, e que a Darío Basso, lle sirven de base para logo facer as súas pinturas abstratas, ou encher de cor espazos das telas, facendo así unha combinación entre o xa feito coas novas aportacións de Darío.
Querendo así de esta forma, facer unha chamada de atención e un achegamento armónico, entre as dúas culturas, a Oriental e a Occidental, moitas veces enfrentadas, e sendo motivo de guerras e conflictos.
O mundo das artes, das ciencias e da cultura en xeral, deben de transpasar esas barreiras que se crean artificialmente en nome de relixións, creencias, mitos, ou politicas fundamentalistas, para achegarse, intercambiarse, e posibilitar riqueza cultural, democrática, e de entendemento entre pobos, para ir construíndo entre todos un mundo mellor.
Un saúdo de Nolo Suárez.
A VIDA DAS DÚAS MARÍAS
22/04/2008
Fai poucos días presentouse en Compostela o Documental realizado por Rivadulla Corcón sobre a vida das Dúas Marías, de Coralia e Maruxa. Dos personaxes típicos da vida compostelana fai varios anos. Así recordo sendo eu estudante de bachiller en Mazarelos, cando subía para a casa logo das clases, atopáme con elas cando baixaban da Rúa do Espiritu Santo, o principio pensaba conmo moitos que estaban tolas,logo co discurrir dos anos, e de atopalas polo Franco, o interesarme algo por elas, xa se comentaba que vestían e andaban así por culpa da guerra e da represión.
E esto é precisamente o que quere mostrar Corcón co seu documental, donde fotos, entrevistas, e feitos históricos, van revelando, que pertenencían a unha familia de anarquistas e sindicalistas, e que sufriron como tantos outros a represión do franquismo, que as levou a unha vida de pobreza e miseria, e que esta forma de actuar, era unha especie de rebelión, de loucura, de provocar escándalo, de chamar a atención, o mesmo que poñían unha nota de cor e de humor, na Compostela gris e represiva de aqueles tempos.
Como dí Corcón, as irmáns Fandiño, tamén fixeron soñar a xente que vía nelas o berro de liberdade que querían dar, e por eso eran queridas pola xente que sabía da súa historia e que lle axudaban de forma solidaria.
Un bo documental que conleva parte da nosa historia como cidade, e de recordos das nosas vidas cando veíamos as Dúas en Punto, Coralia e Maruxa, as irmáns Fandiño. Enhoraboa por tanto a Rivadulla Corcón.
Un saúdo de Nolo.
AS SENDAS DE ESTRELA RÚA
14/04/2008
Temos estos días no Centro Empresarial do Tambre, en Compostela, unha exposición da pintora Estrela Rúa, co título de SENDAS, donde fai unha visión particular e con certas dosis de instrospeción sobre a paisaxe, sobre a nosa paisaxe.
Hai unha mezcla de realidade, pois aparecen diversas árvores, e de imaxinación, de sensibilidade poética, o reflexar unhas particulares atmósferas, de cores ocres e marróns, con zonas de blancos que marcan sendas, do interior e do exterior, donde xurden as luzes entre as néboas, que nos fan pensar, sentir e imaxinar.
Hai pois nos cadros de Estrela esa dificil conxugación, que ela plasma de forma interesante, entre o exterior e o interior, entre o real e o sentimento, através dunha paisaxe de luzes e sombras, de insinuacións e plasmacións, de capas de pintura e agüadas transparencias, cromatismos variados, e dende logo defensa da nosa natureza.
Impresións, sensacións, suxerencias, cromatismos, luzes, sombras, discurren polas obras de Estrela, enchendoas de plasticidade e expresividade.
Así pois unha magnífica exposición que recomendo ver, para tamén pensar e reflexionar, sobre as diversas sendas que nos rodean.
Un saúdo de Nolo Suárez.
AS SENDAS DE ESTRELA RÚA
14/04/2008
Temos estos días no Centro Empresarial do Tambre, en Compostela, unha exposición da pintora Estrela Rúa, co título de SENDAS, donde fai unha visión particular e con certas dosis de instrospeción sobre a paisaxe, sobre a nosa paisaxe.
Hai unha mezcla de realidade, pois aparecen diversas árvores, e de imaxinación, de sensibilidade poética, o reflexar unhas particulares atmósferas, de cores ocres e marróns, con zonas de blancos que marcan sendas, do interior e do exterior, donde xurden as luzes entre as néboas, que nos fan pensar, sentir e imaxinar.
Hai pois nos cadros de Estrela esa dificil conxugación, que ela plasma de forma interesante, entre o exterior e o interior, entre o real e o sentimento, através dunha paisaxe de luzes e sombras, de insinuacións e plasmacións, de capas de pintura e agüadas transparencias, cromatismos variados, e dende logo defensa da nosa natureza.
Impresións, sensacións, suxerencias, cromatismos, luzes, sombras, discurren plas obras de Estrela, enchendoas de plasticidade e expresividade.
Así pois unha magnífica exposición que recomendo ver, para tamén pensar e reflexioar, sobre as diversas sendas que nos rodean.
Un saúdo de Nolo Suárez.
MARGA CRESPO NA ZONA "c"
11/04/2008
Temos estos días de Abril a exposición da escultora Marga Crespo na Zona "C", titulada Estrutura Binaria, que consta de dúas estruturas suspendidas do teito facendo unha conxugación estética moi interesante, e tamén por outra parte desafiante a gravedade, pois dá a impresión que o pasar por debaixo delas pode pasar algo, mais non hai problema, pois estuvo moi estudado o deseño e a forma de colgalas, con suxecións moi seguras para que se manteñan así penduradas do aire.
E é precisamente o xogo no aire, o tamaño, e as formas o que
impacta nesta obra de Marga, obra de factura minimal, de poucos elementos, pero claves no espazo da Zona C para desenvolver o seu proxecto escultórico e espacial.
Unha ocupación pois do espazo diferente, es suspensión, mantendo equilibrios abertos, tan difíciles nestes tempos de presas, de inquedanzas continuas, de rapideces dixitais.
Unha proposta interesante esta de Marga na Zona "C" de Compostela.
Un saúdo de Nolo.
A HISTORIETA GALEGA 1973-2008
07/04/2008
Estamos tendo nestes días unha exposición no Auditorio de Galicia sobre a Historieta Galega, unha mostra ampla, que abarca traballos dende o 1973 ata o 2008, que foi comisariada por Gemma Sesar e Fausto Isorna. Esta mostra ademais quere ter tamén uns fins didácticos, o organizar aredor dela, numeros obradoiros e actividades que teñen que ver coa Historieta.
Podemos ver traballos dende os inicios, como os de I. Diaz Pardo, Raimundo Patiño, Xaquín Marín,Chichi Campos, Pepe Carreiro, ata outros mais atuales como Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández,Fausto Isorna, Suso Peña, entre outros.
A Historieta, que nos revela esas historias contadas con debuxos e textos, soños e imaxinacións, denuncias ou leendas, historias con dramas ou con humor, todo elo ten cabida na Historieta, da man dos nosos debuxantes, onde traballo artesán e por medio de ordenadores van configurando ese resultado que logo terá que ser plasmado no papel.
A Historieta Galega, como outras actividades culturais, tuvo momentos de expansión, outros de retroceso, e agora mesmo o parecer volve a ter un momento expansivo, polo cal desexamos que así siga por moito tempo.
Unha boa oportunidade para coñecer algo mais dun aspecto da nosa historia e actualidade, da banda deseñada, da historieta como aportación a nosa arte e cultura.
Un saúdo de Nolo.