Castellano Galego
O ano que acaba de rematar, 2006, foi considerado o ano da memoria histórica, e nel fixeronse numerosas exposicións que sacaron a luz, datos, biografías, feitos e sucesos, que estaban esquencidos, silenciados ou borrados da historia do noso Pais, polos chamados "vencedores" da Guerra Civil. A represión do franquismo, silenciou as voces das protestas e da recuperación histórica de feitos e persoas que aportaron cousas interesantes para a cultura e a política do noso Pais.
Tamén e xusto , no caso de Antonio Fraguas, coa exposición que lle dedica o Museo do Pobo Galego, polo centenario(1905-99), e facer memoria histórica con un dos personaxes importantes do noso Pais, traballador incansable pola recuperación das nosas costumes, da nosa cultura, que tuvo logo na formación do propio Museo do Pobo Galego o seu depositario.Democrata e galeguista, tamén reprealiado polo franquismo, logo pudo seguir a dar clases, mestre de moitos mestres, membro do Seminario de Estudos Galegos e logo do Instituto Padre Sarmiento, membro da Academia, e dende o 89 Presidente do Museo do Pobo Galego, e no 92 Cronista Xeral de Galiza, realizou unha inmensa labor a prol de todo o que tiña que ver coa cultura galega, e puxoa a disposición das novas xeracións, para o seu coñecemento, estudo e reflexión.
Benvida sexa pois a exposición que nos lembra a memoria da súa figura e os seus diversos traballos e compromiso co noso Pais.
Nolo.