Castellano Galego
Si nos meses de Outubro, Novembro e Decembre, cos Diálogos Ibéricos, estiveron artistas portugueses facendo talleres en Compostela, temos na atualidade a exposición en Sargadelos AP9 A3, que fai referencia as autopistas que comunican Galiza e Portugal, de artistas novos galegos, que antes estuvo en Portugal, na Sala Maus Hábitos de Porto. Participan aquí os artistas Antón Cabaleiro, Eva Mendoza, H.A.W.K., Javier Ávila, Jorge Couceiro, Mauro Trastou, Pablo Ávila, Pablo Pérez, Rita Rodriguez, Santi Jiménez, Silvia García. Unha boa representación artística e variada, así temos dende pinturas, debuxos, comics, fotografías, videos, instalacións, en distintos soportes e medios, dando unha amplia visión da creatividade dos artistas novos galegos, qe fai que vaian ocupando lugar e presencia no dificil mundo das artes plásticas, onde son precisas iniciativas de este tipo, axudadas e respaldadas polas Institucións.
Nolo.