100 ANOS DO HIMNO GALEGO
05/03/2008
Temos que añadir os centenarios que se celebran este ano, tamén o do noso Himno, que gracias o interés de Fontela Leal, foi estrenado na cidade da Habana o 20-XII-1907, cos verbos da poesía de E.Pondal "Os Pinos", e música de Pascual Veiga.
O noso himno forma parte da nosa historia e da nosa cultura, e ben sendo unha peza fundamental para a nosa identificación como pobo. De ahí a importancia de celebrar este centenario, e para elo está a Exposición na Igrexa de Sto Domingo de Bonaval, A NOSA VOZ : Cen anos de Himno Galego, donde se recollen abundantes documentos referentes o Himno, como partituras, instrumentos musicais, bandeiras, notas de actos diversos, cadros de artistas xa falecidos que se inspiraron no tema, entre outras cousas. Tamén impresiona a entrada a cascada de auga, onde se van iluminando os versos do Himno. Nél reafirmase o sentimento de pobo, onde os bos e xenerosos a nosa voz entenden, mentras que os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, non.
Seguiremos logo a cantar e a berrar para que o fogar de Breogán desperte do sono, e comenze un futuro de esperanza e oportunidades para a nosa nazón de Breogán.
Un saúdo de Nolo.