Un día de Agosto no Museo do Pobo
sábado, 18 de agosto de 2007 14:23
Neste mes de Agosto, de tempo inestable, logo de estar paseando polo parke de Bonaval, achegueime o Museo do Pobo, e alí gratamente visitei duas exposicións, unha de contido histórico, pois estaba adicada a un dos fundadores do Museo, a Xocas, con gran documentación sobre él, con publicacións, traballos diversos, biografía, documentos e moitas fotos.
E por outra banda unha exposición de atualidade, de creadores actuales que participan na VII Bienal de pintura do Eixo Atlántico, onde xunta a creadores galegos principalmente e tamén a portugueses, dando unha visión ampla das distintas tendencias atuales da pintura.
Así que dúas exposicións interesantes nun lugar privilexiado como o do Museo do Pobo Galego, e que senta moi ben a mente e o espiritu, logo dun paseo polo parke de Bonaval, nun refrescante día de Agosto.
Un saúdo de Nolo e bon verán.
+ ver máis >>
Comentarios
-
Hola Nolo;
a verdade é que si, que co verán que estamos tindo máis vale planificar actividades sustitutas da praia e da piscina...
Un saúdo!
T.S.F - 22/08, 13:16
http://arteixo.cidadans.net/Tamara