A voltas coa Cidade da Cultura
domingo, 09 de setembro de 2007 12:04
De novo andase a voltas co tema da Cidade da Cultura, mais agora para apoiar que sigan as obras e que se rematen nos plazos acordados. E si ben é certo que moitos sectores da Cultura, nos opusemos no seu momento o despropósito da citada Cidade, tanto porque non se veía de momento a súa necesidade, como polas faraonicas obras e gastos que elo supoñía, ademais de ser unha ocurrencia do PPde Fraga e que non obedecía as necesidades dos sectores da Cultura do Noso Pais. Mentras que por outra banda os propios sectores culturais estaban casi abandonados a súa sorte, sin apoios os creadores nin os seus traballos.
Agora a situación cambiou, redefinironse os usos, para non duplicalos con outros xa existentes, cambiaronse as utilidades dalgúns edificios, e relentizaronse algo as obras. Mais agora compre o meu parecer, e coincido tanto coas declaracións da Conselleira, como dos representantes políticos de Compostela, rematar as obras, dotalas de contidos para a cultura galega, que se beneficie o pobo galego en xeral, e a Compostela en particular, que sirva de escaparate e de intercambio tanto a nivel estatal como internacional para os nosos traballos e productos culturais.
E todo iso sin impedir unha comisión de investigación sobre porque se triplicaron os gastos e quen se beneficiou delo.
E tamén é importante, que os gastos que xenere a Cidade da Cultura, non teñan que incidir negativamente na promoción, o apoio e as distintas iniciativas dos creadores de este Pais.
Un saúdo de Nolo.
+ ver máis >>