Compostela Castellano  Galego  

cultur@rte

arte e cultura

A HISTORIETA GALEGA 1973-2008

07/04/2008

Estamos tendo nestes días unha exposición no Auditorio de Galicia sobre a Historieta Galega, unha mostra ampla, que abarca traballos dende o 1973 ata o 2008, que foi comisariada por Gemma Sesar e Fausto Isorna. Esta mostra ademais quere ter tamén uns fins didácticos, o organizar aredor dela, numeros obradoiros e actividades que teñen que ver coa Historieta.
Podemos ver traballos dende os inicios, como os de I. Diaz Pardo, Raimundo Patiño, Xaquín Marín,Chichi Campos, Pepe Carreiro, ata outros mais atuales como Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández,Fausto Isorna, Suso Peña, entre outros.
A Historieta, que nos revela esas historias contadas con debuxos e textos, soños e imaxinacións, denuncias ou leendas, historias con dramas ou con humor, todo elo ten cabida na Historieta, da man dos nosos debuxantes, onde traballo artesán e por medio de ordenadores van configurando ese resultado que logo terá que ser plasmado no papel.
A Historieta Galega, como outras actividades culturais, tuvo momentos de expansión, outros de retroceso, e agora mesmo o parecer volve a ter un momento expansivo, polo cal desexamos que así siga por moito tempo.
Unha boa oportunidade para coñecer algo mais dun aspecto da nosa historia e actualidade, da banda deseñada, da historieta como aportación a nosa arte e cultura.
Un saúdo de Nolo.

http://compostela.cidadans.net/culturrte/2008/04/07/a-historieta-galega-1973-2008/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aínda non hai Comentarios para este post...

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados