AS SENDAS DE ESTRELA RÚA
luns, 14 de abril de 2008 11:21
Temos estos días no Centro Empresarial do Tambre, en Compostela, unha exposición da pintora Estrela Rúa, co título de SENDAS, donde fai unha visión particular e con certas dosis de instrospeción sobre a paisaxe, sobre a nosa paisaxe.
Hai unha mezcla de realidade, pois aparecen diversas árvores, e de imaxinación, de sensibilidade poética, o reflexar unhas particulares atmósferas, de cores ocres e marróns, con zonas de blancos que marcan sendas, do interior e do exterior, donde xurden as luzes entre as néboas, que nos fan pensar, sentir e imaxinar.
Hai pois nos cadros de Estrela esa dificil conxugación, que ela plasma de forma interesante, entre o exterior e o interior, entre o real e o sentimento, através dunha paisaxe de luzes e sombras, de insinuacións e plasmacións, de capas de pintura e agüadas transparencias, cromatismos variados, e dende logo defensa da nosa natureza.
Impresións, sensacións, suxerencias, cromatismos, luzes, sombras, discurren polas obras de Estrela, enchendoas de plasticidade e expresividade.
Así pois unha magnífica exposición que recomendo ver, para tamén pensar e reflexionar, sobre as diversas sendas que nos rodean.
Un saúdo de Nolo Suárez.
+ ver máis >>