SEGUNDA PEL de Nando Lestón
20/05/2008
Pasada xa a celebración do día da árbore, onde sempre se plantan novas árbores en distintos parkes e montes, temos que recordar tamén a homenaxe que se lle fai, neste caso as árbores mortas, mais concretamente queimadas.
E esto é o que fai o artista Nando Lestón, que partindo das árbores queimadas pola zona de Carnota, monte Pindo, recuperaas para facelas esculturas iconos, sacar os secretos que gardan no seu interior, mais tamén chamar a atención da destrucción do monte polos incendios.
Esta exposición que podemos ver na Casa da Parra de Santiago
combina pinturas e esculturas, para unha toma de conciencia e implicación na defensa da natureza, cada vez mais amenazada, e sobre todo que as árbores do noso Pais, que dan riqueza e vida, que sirven como material para a arte, sigan a conservarse e poñerse en valor, para que a vida siga a ter sentido e atractivo.
Un saúdo de Nolo.
Un