NOVOS ESPAZOS CULTURAIS
21/12/2007
Estamos os composteláns de enhoraboa nestos días frios do Nadal, pois a calor cultural e artística quere quentarnos a través de novos espazos para a arte e a cultura na nosa cidade.
Así temos a recente inaugurada Galería Metro na Rúa Nova, adicada a arte contemporánea, e por outro lado a veterana Agrupación Cultural "O Galo" tamén abriu un local propio, logo de mais de 40 anos de existencia, en Patio de Madres, mais desta asociación falaremos outro día.
Hoxe toca falar da Galería Metro, que está dirixida por Javier Blanco, coñecido emprendedor no ámbito das artes, por dirixir xa outras iniciativas similares, e que abriu a nova galería con unha exposición de Luis Caruncho, titulada 50 anos de paixón, querendo ser polo tanto unha especie de retrospectiva de este artista, con obras de distintas épocas, pero que principalmente teñen que ver co constructivismo, sobre todo nos ultimos anos.
Así que unha boa iniciativa a que lle auguramos larga vida e
éxitos, para continuar coa labor de dar a coñecer a arte contemporánea e os nosos artistas.
Un saúdo de Nolo.