TELAS PINTADAS DE DARÍO BASSO
xoves, 08 de maio de 2008 11:45
Estamos tendo estes días no Museo do Pobo Galego a exposición de telas pintadas do artista Darío Basso, exposición titulada: Algortimi dixit.
Esta exposición componse de varias telas de gran formato pintadas a partir xa de telas decoradas con motivos xeométricos fundamentalmente, chamadas haimas, procedentes de Oriente, e que a Darío Basso, lle sirven de base para logo facer as súas pinturas abstratas, ou encher de cor espazos das telas, facendo así unha combinación entre o xa feito coas novas aportacións de Darío.
Querendo así de esta forma, facer unha chamada de atención e un achegamento armónico, entre as dúas culturas, a Oriental e a Occidental, moitas veces enfrentadas, e sendo motivo de guerras e conflictos.
O mundo das artes, das ciencias e da cultura en xeral, deben de transpasar esas barreiras que se crean artificialmente en nome de relixións, creencias, mitos, ou politicas fundamentalistas, para achegarse, intercambiarse, e posibilitar riqueza cultural, democrática, e de entendemento entre pobos, para ir construíndo entre todos un mundo mellor.
Un saúdo de Nolo Suárez.
A VIDA DAS DÚAS MARÍAS
martes, 22 de abril de 2008 10:57
Fai poucos días presentouse en Compostela o Documental realizado por Rivadulla Corcón sobre a vida das Dúas Marías, de Coralia e Maruxa. Dos personaxes típicos da vida compostelana fai varios anos. Así recordo sendo eu estudante de bachiller en Mazarelos, cando subía para a casa logo das clases, atopáme con elas cando baixaban da Rúa do Espiritu Santo, o principio pensaba conmo moitos que estaban tolas,logo co discurrir dos anos, e de atopalas polo Franco, o interesarme algo por elas, xa se comentaba que vestían e andaban así por culpa da guerra e da represión.
E esto é precisamente o que quere mostrar Corcón co seu documental, donde fotos, entrevistas, e feitos históricos, van revelando, que pertenencían a unha familia de anarquistas e sindicalistas, e que sufriron como tantos outros a represión do franquismo, que as levou a unha vida de pobreza e miseria, e que esta forma de actuar, era unha especie de rebelión, de loucura, de provocar escándalo, de chamar a atención, o mesmo que poñían unha nota de cor e de humor, na Compostela gris e represiva de aqueles tempos.
Como dí Corcón, as irmáns Fandiño, tamén fixeron soñar a xente que vía nelas o berro de liberdade que querían dar, e por eso eran queridas pola xente que sabía da súa historia e que lle axudaban de forma solidaria.
Un bo documental que conleva parte da nosa historia como cidade, e de recordos das nosas vidas cando veíamos as Dúas en Punto, Coralia e Maruxa, as irmáns Fandiño. Enhoraboa por tanto a Rivadulla Corcón.
Un saúdo de Nolo.
AS SENDAS DE ESTRELA RÚA
luns, 14 de abril de 2008 11:21
Temos estos días no Centro Empresarial do Tambre, en Compostela, unha exposición da pintora Estrela Rúa, co título de SENDAS, donde fai unha visión particular e con certas dosis de instrospeción sobre a paisaxe, sobre a nosa paisaxe.
Hai unha mezcla de realidade, pois aparecen diversas árvores, e de imaxinación, de sensibilidade poética, o reflexar unhas particulares atmósferas, de cores ocres e marróns, con zonas de blancos que marcan sendas, do interior e do exterior, donde xurden as luzes entre as néboas, que nos fan pensar, sentir e imaxinar.
Hai pois nos cadros de Estrela esa dificil conxugación, que ela plasma de forma interesante, entre o exterior e o interior, entre o real e o sentimento, através dunha paisaxe de luzes e sombras, de insinuacións e plasmacións, de capas de pintura e agüadas transparencias, cromatismos variados, e dende logo defensa da nosa natureza.
Impresións, sensacións, suxerencias, cromatismos, luzes, sombras, discurren polas obras de Estrela, enchendoas de plasticidade e expresividade.
Así pois unha magnífica exposición que recomendo ver, para tamén pensar e reflexionar, sobre as diversas sendas que nos rodean.
Un saúdo de Nolo Suárez.
AS SENDAS DE ESTRELA RÚA
luns, 14 de abril de 2008 11:20
Temos estos días no Centro Empresarial do Tambre, en Compostela, unha exposición da pintora Estrela Rúa, co título de SENDAS, donde fai unha visión particular e con certas dosis de instrospeción sobre a paisaxe, sobre a nosa paisaxe.
Hai unha mezcla de realidade, pois aparecen diversas árvores, e de imaxinación, de sensibilidade poética, o reflexar unhas particulares atmósferas, de cores ocres e marróns, con zonas de blancos que marcan sendas, do interior e do exterior, donde xurden as luzes entre as néboas, que nos fan pensar, sentir e imaxinar.
Hai pois nos cadros de Estrela esa dificil conxugación, que ela plasma de forma interesante, entre o exterior e o interior, entre o real e o sentimento, através dunha paisaxe de luzes e sombras, de insinuacións e plasmacións, de capas de pintura e agüadas transparencias, cromatismos variados, e dende logo defensa da nosa natureza.
Impresións, sensacións, suxerencias, cromatismos, luzes, sombras, discurren plas obras de Estrela, enchendoas de plasticidade e expresividade.
Así pois unha magnífica exposición que recomendo ver, para tamén pensar e reflexioar, sobre as diversas sendas que nos rodean.
Un saúdo de Nolo Suárez.
+ ver máis >>