Cadernos Composteláns Compostela.Cidadáns.NetConcello de SantiagoEuropaPress.NET

Cadernos Composteláns

Galego | Castellano

o brado

parecer e digo

ISAAC DÍAZ PARDO ISAAC DÍAZ PARDO ISAAC DÍAZ PARDO

luns, 10 de xullo de 2006 15:34

Calquera compostelán ou galego ou persoa de ben interesada polo mundo sabe do señor das Hortas, de Isaac Díaz Pardo, moitísimas cousas xuntas nun só home verdadeiro, pequeno de físico e enorme, mesmo inmedibel, de homía e de ideal e de idea(s).Calquera neste país noso pequeno tamén ao físico e inmedibel ao ser patrio, matrio e fratrio, debese saber do mal momento que Isacc e familia e moitos máis están a pasar por mor de decisións empresariais, humanas de non boa caste, alomenos preocupantes por ser de princípio así de pronto INXUSTAS. E dicímolo así, inxustas, tanto na maldade das formas como na posibel falsidade do fondo. ISAAC e os seus NON PODEN IRSE DOSGRUPOS EMPRESARIAIS QUE AXUDARON A CREAR E QUE REPRESENTAN CO MERECEMENTO DE GRANDEZA E DIGNIDADE. Por iso o clamor de solidariedade e de acordo ten que ser INMEDIBEL, todo el nacido das persoas traballadoras, intelectuais ou non, pero si intelixentes, que debemos facer fronte común e mesmo de PRESIÓN para que as augas volvan ao rego e todo colla o camiño de AUTENTICIDADE que até agora nos dispensou O CASTRO E SARGADELOS e todos os anexos creados polo ideal " social(ista)humanístico" de Isacc e outros que con el colaboraron e colaboran. este niño empresarial acolle unha mornura de cultura e de compromiso, de MILITANCIA, dignos de maiores valoracións e sobre todo de RESPECTO e por iso, con prudencia e respecto a quen faga falla, NON TOQUEN A ISAAC DÍAZ PARDO Deixen que siga á fronte, máximo referente, desa iniciativa empresario-cultural, tan galega e universal, que nos coloca no MUNDO e marca de maneira importante o noso ser emprendedor e dinámico de creatividade e compromiso cos homes traballadores e mulleres traballadoras, os motores da producción de riqueza, a enerxía máis estimabel.ADIANTE E TODOS CON ISAAC, ADIANTE e ao lado del e dos seus. NESA SOLIDARIEDADE OBRIGADA polas nosas conciencias de clase nese marcado proxecto de dignidade e de restauracións. ADIANTE IRMÁNS...

http://compostela.cidadans.net/datero/2057
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

OS CINES DE COMPOSTELA(II)

sábado, 01 de xullo de 2006 17:15

Quedei anteriormente no Cine Capitol e agora falarei dos outros dous irmáns, do igual dono penso eu, por un lado O YAGO e polo outro O RAIOLA ( ao que logo se lle chamou AVENIDA). O primeiro estaba na rúa do Vilar, cerca do pazo de Vaamonde, aínda hoxe velo alí está pero con contido máis popular e galego, sobre todo galego, no mundo do expectáculo, teatro, monicreques,etc..Un cine d corte especial no que a xente lle tiña un aquel de distingo. Minoritario e selectivo no meu tempo. Non era para os das tres e media.Coido se non me falla a memoria que a primeira vez que entrei no Yago foi para ver " El manantial de la doncella" ( creo que se titulaba así esta película chea de interese polo efecto " sexual", que non o foi tanto, pero que daquela mandaba truco calquera pequena cousiña. Mesmo os cadros da censura da rúa do Villar, ao lado de Daviña, ardían en chamadas de fe e de pureza estricta, avisaban claramente e demasiado alarmistas. Menuda aquela. O seu irmán era o Raiola. Cine do Camiño Novo, xa entrando cara á Choupana, dicíano propio de xitanos e xente pobre das " chabolas" de Sta Marta e non era tanto, non era.Tiña a súa cousa, pois quitabas a entrada nun baixo e pasabas un campiño para entrar. As películas non eran de estrea ( non había moitas salvo os dos cines do " pueblo" que este quedaba fóra, mesmo do fielato).Era un cine no que respirabas pobo baixo, xente humilde, boa e que trataba de sobrevivir con moitas carencias. A el iamos os do " pueblo" pouco e máis ían os de Conxo e Choupana e Vidán e de por alí. Este cine tiña a súa propia personalidade e queríano dicir malo, de xente difícil, complicada. Non era máis que un cine cheo de xente humilde e pobre. Un auténtico " Cine de Barrio" cheo de historias e penalidades. Un lugar onde resumir desgrazas e maneiras complicadas de vivir e de existir. Canto me gustaría ir máis e poñer nel os " oídos", ler con eles e sacar moita riqueza, moita de seguro e tamén exemplos de como ser outros e emendarse e entregarse a causa limpa e nobre e subir, subir... ao meu pobo compostelán en especial. Velaí tres ditos e nomeados, tees cines de Compostela, con clientela específica de cada sesión e días.Velos aí os tres. Unha parte esencial dos meus cines da miña vida en Compostela. Unha ledicia basoluta recordalo e experimentar casos e cousas.Así mesmo.

http://compostela.cidadans.net/datero/1824
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

OS CINES DE COMPOSTELA (I)

martes, 27 de xuño de 2006 17:35

Os cines de Compostela tiñan as súas propiedades vitais. Cadanseu posuía marca e distingo. Comezarei polo das tres e media de cando eu máis novo, O CAPITOL, ao lado da tenda de accesorios de Liste, do BAR COLON e fronte ao dentista David Suárez e moi claramente fronte do PATRÓN, o primeiro intento de casa de xogos, especialmente o futbolín, cheo de paxaros raros e cantores, moitos, e pombas de raza minoritaria que nos chamaba tanto a atención aos rapaces, alí no Patrón aproveitabamos para facernos cunhas das pelotas do futbolín para usalas ao xogar ao Hockey ma rúa con "sticks" feitos cañotos verdes das coles que roubabamos nas hortas de detrás da rúa da Trinidade indo para a casa da Tumbona da que tanto fala Isaac Díaz Pardo.Pois ben ás tres e media aos domingos alí estabamos á cola para coller unha butaca ( arriba). Pola miña condición de clase xa nunca pensaba en coller un " mirador" ou un " sillón", que estas entradas eran privativas para min e para tantos outros.Alí de primeiras vin as películas en branco e negro en especial " Flecha Rota" e velaí que apñausos cando viña o " exército de salvación" a toque de corneta. Chegaba cando a situación era límite e xa as nosas inquedanzas de nenos daban a fin.Logo veu a color e o cinemascope ( máis ou menos). Comezaba a película a arrecendos de sabor de caramelo de menta e de toffee,a dous " patacóns" ou a " real", a bolas de anís de a " perra" e con algo de cacauetes, pois as pipas e as chufas viñeron despois e collíanse na Rabeada no Toural ao lado do bazar Pazos e Bernal.Foi algo que sempre recordarei. O acomodador, o " Rúa",que traballaba na Unión Cristaleira, onde hoxe está o Café Miami, en doutor Teixeiro, chamábanos a atención ...polos nomes!!!Incribel pero certo Aquela cidade familiar onde cada quen era o que era e sabíase e respectábase.As nenas ben ian ao cine das tres e media ao Capitol a "sillón" ( algunhas a " mirador") acompañadas, ben da tía solteira, da irmá maior ou da criada ( poucas veces dos pais).A separación de clases era manifesta, nós, os de butaca, os de arriba, eramos de pouca cousa ( para eles) pois nós nin siquera reservabamos as entradas por teléfono e aqueles de " sillón" moitos si que o facían pois tiñan influencia e rol social no contexto do franquismo puro e duro e tamén no de vivir en Compostela que tiña a súa singularidade. As portas do cine abríanse e uns iamos escaleiras arriba e contra atrás, pois diante era " mirador" e outros ao entrar collían recto a " sillón". Como se ve nós sempre pelexando por subir ( mesmo escaleiras) e logo baixar xustamente a onde eramos e que nos daba un non sei que pois castigarnos sen cine era moi duro ( dou fe).Moito.O cine Capitol, como o Yago e penso que Raiola ( deste non estou seguro), digo que penso que eran dos mesmos donos. O Metropol, o Principal e o Salón Teatro, estes eran da Compañía Fraga de Vigo, seguro.Os donos do Capitol non se sentía dicir quen eran ( igual cós do Yago e Raiola, que despois chamouse Avenida).Seguiremos con máis noutra entrega de Cines. Hai que contar.

http://compostela.cidadans.net/datero/1747
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

E IMOS INDO PASEO ADIANTE (III)

sábado, 24 de xuño de 2006 13:38

Ben que recordo cando rapazolo o camiño a Peleteiro, primeiro fronte á delegación de Iberia, na Rp.Arxentina e logo xa aló preto de Ramirez pegadiño á casa de Estepa.Alí xa, marcando a hora a serea da Tintorería España, comezaron os primeiros pitillos e os primeiros amoríos.Tamén nas hortas de detrás á casa de Arrojo, quero pensar que así foi, xogamos ben veces ao futbol cunha pelota especial. Unha pelota das de " gorila", verde non grande, que daban de propaganda por mercar un par de zapatos desa mesma marca ( " gorila").Tamén as primeiras gominolas foron mercadas, ao igual cós regalices,na botica de Costas Canoura que estaba ao lado do colexio e non onde agora, alí na praza de Ponte Castro, penso que así se chama.Tamén xogabamos ao futbol no solar que nos permitía a cocheira da aviación, agora cos edificios da Rosaleda, non os chalés, ollo.Como eramos moi novos non nos tiraba da atención o edificio, ao lado de onde onde vivía o avogado Porteiro, que era onde daban radiacións ( especial para o cancro), pero ao ser noviño non se pensaba nesas cousas.As distancias estaban relativizadas.Pasar da alameda xa era lonxe. Ir por Matacáns cara á cocheira de Castromil, pasando por FENOSA, xa era lonxe e a Rapa da Folla e a Costa Nova, como o Camiño Novo, eran lonxe. Meu pai non quixo unha das casas de Ramirez por estaren lonxe ( manda nabo)...Por estaren lonxe!!! Hai que ver. Pois ben ir ao monte da Almáciga era unha verdadeira excursión como ir ao Viso de Sar, cerca do Gaiás ( onde queren facer " faraonismo" coa mal chamada " cidade da cultura"). Recordo que dunha vez contaban que en Aríns ocorrían cousas milagrosas, que se torcían olas e culleres, cazos e garfos, por obra do " demo" e aló fomos por ver. Recibíunos unha señora e ensinounos algo. Unha culler dobrada...e viñemos para Compostela con moito medo no corpo e temerosos de que a cousa aquela do demo chegase á cidade ( claro que sempre nos salvarían o Apóstolo e o Pilar , como dicía un algo maior cá nós,moi relixioso, dicía con rotundidade que España non podería pasar mal nunca máis pois coidaban dela o Apóstolo Santiago e mais a Virxe do Pilar e con esta parella de tanto peso en España bastaban para salvarnos de todo mal e a nós acaíanos ben aquela cousa de estar tan ben protexidos, si señor, acaíanos ).Ir ao Pedroso xa era unha fazaña que contar. Con frecuencia si que caíamos polo río dos Sapos, alí por baixo do Monte Pío ( agora lugar onde ten a vivenda o Presidente da Xunta). A cousa era por nos bañar, pois Compostela non ten mar, aínda que ten unha Sta Marta e tren tamén, pero sen tranvía. Ai Compostela nosa ( e moi miña)! Canto teño que contar de ti! Canto me dás para poñer en activo e para activarme.

http://compostela.cidadans.net/datero/1690
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario
+ ver máis >>
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados