Castellano Galego Moitas veces, a días de hoxe tamén, me preguntan onde nacín. Pois ben, de princípio, levado o parto de miña por Leonor, a nai de Arán Trillo, por tempos antes con enderezo en San Clemente, direi que nacín no Hostal ( nese lugar cabeceira da praza do Hospital, hoxe Obradoiro, que máis debese chamarse Miradoiro, que alí de obras nada e de traballo non tanto, máis ben pouco, pois ben nese edifício real, Hospital cando eu viñen e antes de Rosalía,ese edifício que en 1954 pasou , como sempre dixo Isacc Díaz Pardo, de Hospital de Pobres ( así con maiúsculas) a hotel de ricos ( así con pequenas, que lle chega ben a hotel e a ricos).Bautismeime, cristianeime, en Sta María Salomé ( fronte ao Salón Teatro, no que moitas sesións contínuas papei e mesmo ao lado moitos " Capitán Trueno" lin e mais " El Jabato" do aluguer a patacón ou real, que dependía dos novos que estaban,de Otero, que tiña o quiosco no Portal da casa que está a carón do Rest. Ruanova.En Salomé está o meu documento de bautismo, en Sta Susana o de primeira comuñón, en San Martín Pinario o de catequeses e o de confirmación, no Xelmirez o de ingreso de bacharel e en Peleteiro o de bacharel completo ( ata sexto) e no Pazo de San Xerome o de estudos de mestre. Con casa de renda en Cardenal Payá, no Campo da Leña e logo no Castiñeiriño...Polo de agora eu pregunto, que o farei máis veces...Son de Compostela? Estou orgulloso de nacer e de vivir nela, na miña cidade e mesmo de estar agora fóra dela a case vintesete quilometros para recordala de seguido sen nostalxias e si con amor e afecto. Con lealdade.Xa falarei de futbol...e de chiquitas e de tes...e de...poucoa pouco. Teño ganas de baleirarme en Compostela e aquí como medio.