Castellano Galego Pois ben, parece ser que dende o Goberno do Estado van poñerse ao choio, a falar, a dialogar, con ETA ( pois tamén digo que sería mala cousa poñerse a negociar, xa que logo mellor... diálogo entre quen queren chegar a acordo, a conclusións, máis cá pacto, que iso así non me gusta).O Goberno de todos. O Goberno democraticamente elexido, guste ou non, pois se somos... somos... a que si?,cos seus compoñentes e interlocutores válidos e recoñecidos de tal, deben colocar enriba da mesa os referentes precisos para orientarse nun acordo que non será definitivo ou absoluto e si consonte a secuencias de tempo para chegar á fin cando proceda e sexa posible.Ninguén debese quedar fóra desta ocasión. Outro tanto deben facer os de ETA ( que eu non lle vou chamar terroristas) e si estar de verdade abertos na actitude certa de chegar a algo para ir adiante e acadar algo que nos poña no logro de convivir, de integrar na sociadade e non soamente falar de pacificación como se de simples vencedores e derrotados se tratase. Gústame que a democracia permita de seu un espazo de mirarse aos ollos, aos corazóns e así entre cerebro e sentimentos as cousas teñan movemento de proceso que nos leve a algures satisfactoriamente retroalimentándonos de contino pois todos temos que aportar. Non se trata de deixar para que outros ocupen.Trátase de equilibrar, dando e collendo xenerosamente, aportando con firmeza, sen perder de vista o norte da normalización mellor e máis posible. Vai haber tropezos, ditos e desditos, apuntamentos e dúbidas, sufrimentos e tamén satisfaccións inmedibles, pois o referente é a propia democracia baseada na convivencia e na liberdade e non en simplemente cohabitar entre diferentes.