Castellano Galego Fun "ao pueblo". Non o fixen en autobús como outrora. Naqueles de Vilariño ( que eran os que me correspondían, pois os de Caeiro tiñan outras liñas). Non sei o porque os rapaces daquela tiñamos tanta lea en declarar cales eran os mellores autobuses de Santiago, pois non eran nosos, nin siquer nos trataban ben os conductores, nin os revisores.Ouro tanto nos pasaba nas retesías, isto algo antes, entre O CASTROMIL e O CELTA. Celebrabamos a aparición dun coche novo e claramente espectacular pola carroceiría e asentos, e servizos e tecnicismos. Así tiñamos o noso virtual no real.Pois ben, digo que fun "ao pueblo" e nin siquer eu levei o coche. Metémolo debaixo do CAMPO DA LEÑA.Saímos a andar pola parte de atrás a carón do que foi no seu tempo sede do Seminario de Estudos Galegos e fomos pola rúa cara ao cárcere parellamente ao CAMPO DAS HORTAS que emboca no calexón da TUMBONA,pero nós xa para nos meter en CARRETAS.Canta melancolía ( que non nostalxia, esta non, que esta non dá proxecto, melancolía si e memoria tamén).Compostela sempre e punto e seguido.Punto e seguido.Seguirei, Isto foi o comezo dunhas vivencias aprezabeis.Necesarias.Marabillosas.Seguirei.