Castellano Galego Cando a cidade hoxe capital de Galiza, malia que lle pese a moitos ( e non tantos direi mellor), se movía case que de murallas para adentro e a carballeira de Santa Susana, coa alameda, eran como estramuros, pola Ascensión, que da Pascua até ese día corenta días son,a Compostela chegaban moitas almas e todas do país ( non era como no apóstolo que viñan de todo o mundo). A idea era facer "feira". Pois non olvidemos que daquela, poño por caso polos anos cincuenta e catro máis ou menos, as feiras eran un día de moito ter.Tiñan o trato, o comercio necesario, o abastacerse do preciso para a casa e para vestir e calzar, e tamén para o lecer, pois Compostela celebraba festa grande ( a máis sempre foi o 25 de xullo), pero esta era - e seguirá sendo- moi popular e de sentido galego, vamos que co seu aquel de familiaridade e de veciñanza.As xentes, como se dicía, " viñan ao pueblo". Feira e o que iso conleva, trato e polbo, romaría pola Carballeira de Sta Susana, atracción de festa e de romaría, moi en especial as carreiras ciclistas que ían collendo a sona que hoxe gozan, os pasarrúas e bailes da alameda ( que non na "paxareira", que eran de pago e iso sentou moi mal, tanto pola Ascensión e non digamos polo Apóstolo, o pago estivo moi mal ideado, moi mal). Os rapaces gozabamos das tómbolas ( en especial da Tómbola da Caridade, que era fixa e moi animada polo locutor (seudo...) Luís Rial ( non lle direi Lois pois el de galeguización nada de nada por moito que traballe ou traballase na RG, diso nada e xa se queremos falaremos da súa esencia e militancia, que si que a tiña e ten ,pero moi no de "panza" e " ista", que lle vai ben). Tamén os " barrigaverdes" e as cousas tan especiais, como os "milagres" das vacas con dúas cabezas ou outras cousas máis que ensinar ( cobrando). Gozabamos das améndoa " garrapiñadas" e eu en especial do cabelo de azucre, canto tempo mirando para aquel trebello no que se lle botaba un case nada de azucre en cristais e saía unha enorme fusada de fío azucrado de color rosa. Canto gustei de tomalo...aínda hoxe o quero.Esa memoria de nenez nesa patria que é e que non pasa nunca.Logo as tómbolas dos " balíns" a lle tirar para un pitillo de Bisonte. Eu nunca lle tirei ás cintas con agasallos mellores.Tamén, aínda que eu non xogaba, parábame nos aparellos da boloas coas que facer correr ao cabalos de carreiras. Sempre agardei polo agasallo sorpresa e nunca me tocou. Nonfun afortunado nas tómbolas.Nin nos xogos. Outros colegas meus si o eran e moito.Pero si que oconto con gusto, con sabor a terra en pó e calor.Outros anos a choiva. Que compostela é así co seu tempo. A cidade sofre o ceo que ten e goza del asemade.Non hai dúbida de que así é e así ha ser polos séculos que se escriban...amén.
1. Pongo mi comentario aquí, pero podría hacerlo en cualquier otro de tus artículos. Leerlos es verdaderamente una delicia, y dar un paseo contigo por Santiago debe de ser algo sensacional. Si un día no tienes nada que hacer, dame un toque, por favor: me encantaría aprender todas esas cosas que cuentas... Mi teléfono es 981 583 982. Soy Jose, 54 años, y un enamorado de Santiago, evidentemente. Muchas gracias por lo que escribes: una maravilla... (lo único que no me gusta es eso de Galiza: suena fatal...)