Comenzamos
20/03/2007
Trala celebración das II Xornadas Técnicas sobre os Programas Experimentais de Inserción Laboral, e dado o éxito de participantes nas mesmas, dende a Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago recollimos a necesidade de crear un espazo de diálogo permanente activo durante todo o ano, no que compartir experiencias, opinións e extender os debates abertos nestas xornadas.
Este é o nos punto de encontro: aberto ás aportacións que queirades facer sen restriccións de tempo ou espazo.
Para seguir traballando en prol da inserción laboral das persoas.