Compostela Castellano  Galego  

A FRAGA DE LIBREDÓN

No recordo do que foi.

Novas que non son nova.

01/06/2006

A prensa.
E digo eu, ca de carballos que cortaron da Fraga pra logo imprimir isas novas que dan noxo e que calquer caixista trocaría por un conto da súa invención ou polo sono verdadeiro de unha nova realmente desexada...

http://compostela.cidadans.net/pelaio/2006/06/01/novas-que-non-son-nova/
0 Comentarios - Enviar comentario

Ista debera ser a primeira entrada.

30/05/2006

Probablemente somentes vaia, valga vaia, pra controlar as inquedanzas dalgúns cidadáns, ademáis non confío en absoluto na tecnoloxía aplicada a burocracia. Xa o teñen demostrado. Levo dende o mes de febreiro esperando unha resposta da Xunta sobor dun asunto temporal, sequera anual. A consulta foi realizada dende a súa páxina web, nen sequera co envío dun correo electrónico. Outros, coma no concello, que nen sequera atenden po-los medios chamados tradicionais, non sei que esperan acadar diste xeito. Por suposto, o problema non radica na tecnoloxía en sí senón de quen a manipula, na maioria de istes casos pola falla de manipulación en calquera dos seus sensos. Se cadra non teñen moita confianza dos beneficios que esperan acadar.
Por outra banda eu non debera meterme nestes trafegos xa que coma dí o meu físico "...non debería darlle tanta importancia as cousas...". Pero eu penso que a nosa Fraga si que ten importancia...e moita.

http://compostela.cidadans.net/pelaio/2006/05/30/ista-debera-ser-a-primeira-entrada/
0 Comentarios - Enviar comentario

Armas de destrucción masiva.

29/05/2006

Estaban máis preto do que todo o mundo pensaba. Se estivesen vivas nestes intres, poderían preguntarllo a toda-las Troitiñas asesiñadas no Tambre no fin de semán.

http://compostela.cidadans.net/pelaio/2006/05/29/armas-de-destruccion-masiva/
0 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados