Mulleriñas
27/06/2006
Son xeniais, que non digan que non. Prometo que a primeira vez que vin a estas dúas mulleriñas pensei que eran de verdade. Vale, vale, pode parecer un pouco esaxerado pero ¡é certo!.
Además, xusto ó lado da Alameda, de paso entre as paradas dos Castromiles e dos diferentes lugares de destino (hospital, universidade...) podería ser perfectamente un lugar de paso para estas mulleres que chegadas dende as periferias veñen a Santiago para determinados servizos da cidade.
E digo con cariño. Se algún encanto adicional ten esta cidade frente as outras grandes (Vigo, Coruña ou calquera outra) é este encanto entre o máis rural e o máis... Como se lle pode chamar a todo o aparato do goberno autonómico?
A Santiago voy....
26/06/2006
Sempre me preguntei qué humor o dos peregríns que camiñan e camiñan para ver ó Santo Apóstol. Cando un chega, pensa que vai recibir ali mesmo a bendición e incluso un soriso do santo e nada.. Depois dunhas kilométricas colas podes darlle un bico ó santo (mmmm) na chota e seguir para adiante.
Se non fose polo que queda en Santiago do camiño, no habería fe bendita que seguise mantendo a peregrinación. Porque, a dicir verdade, a qué se peregrina a Compostela senon é pola festa, o bo comer e a xente...?