Pouquiña cousa
luns, 29 de maio de 2006 19:32
É increible como unha pequena acción, unha frase, unha mirada poden facer que as cousas cambien moito. Pero eso si, siempre que a cousa sexa para peor. Cando un quere conseguir algo, costa moito, moitos feitos, moitas palabras ou moitas miradas, a segun don que se pretenda, pero cando un ten algo, ou cando cré telo, basta cun so feito, unha soa palabra ou unha sola mirada para que se desvaieza a torre mais alta, a que tanto costou levantar. Xa o dixo alguen... Somosche ben pouquiña cousa.
doeme a testa
venres, 26 de maio de 2006 15:01
Levabache unhos días sin entrar por aqui e aledame ver que hai unhos cuantos comentarios novos, case case parece que esto quere coller algo de forma, pero ainda falta moito.
A dicir verdade, hoxe entre porque aquela rapaciña da Coruña da que falei noutro comentario, viume a dicir que lera o meu comentario, e increible, eu non lle dixera a ninguen que facia aqui estas anotacions de apirolado, mais ela dou con elas, ainda non che sei moi ben de que maneira...
Doeme a testa, e moito, e increible que cada vez que saio a tomar un par de copas por Santiago o dia seguinte sufra tanto... non é de recibo que nos den a trapallada que nos dan e a cobren como a cobren. Si se queren facer ricos que cobren as copas a dez euros, pero que non sigan destrozando o meu corpiño que de aqui a pouco non creo que haxa quen o cure.
As festas... eu nas pisei, porque eu sonche deses que miran de escapar das multitudes, pero polo que vin e me contaron a cousa estivo a topiño, por moito que nos queixaramos de que os concertos eran cativeiros e demais, a vista salta que non facia falta moito mais. Si total, nos o que queremos e festa... da igual quen cante.
Coume tomar unha aspirina, un almax e unha ducha quente, a ver si consigue ser algo persoa po que queda de día, que hoxe vai ser moi largo, notoo eu.
Esto non vai...
domingo, 21 de maio de 2006 21:43
Pois non. Eche unha bagoa, pero vese que estos dos weblogs aqui en santiago non che vai nada ben.
Foron unhos cuantos os que crearon os seus perfiles, pero pasan moitos dias sin ver nada novo que ler.
Quizais non nolo superon vender todo o ben que facía falta. Eu lembro que como unha das principais aplicacións alguén dicía que os blogs dos compostelans contribuirían a que viñesen mais turistas a Santiago... Eu penso que eso é unha tontería...
En realidade esto aplicacións non é que teña moitas. Eu non entro a ler os blogs de ninguén para aprender nada, nin para documentarme nin nada de eso, ni desde logo tampoco escribo neste para enseñarlle nada a ninguén. Pero encontreille atractivo a esto de escribir comentarios, di ti que sin moito ton nin son, e si hai quen os lea, pois ben, e sinon eme igual, a min o que me fai chiste e escribilos e poder ler os de outra xente na procura de algún comentario co que discutir ou ir a pro del, ou sinxelamente lelo e non opinar... pero encontrome con que, alomenos aqui, non hai moito que ler... Asi que imaxinome que a este servizo quedanlle os días contados e pra poder discutir dos temas irrelevantes da cidade teremos que seguir indo a taberna.
Felicidades Pinto
mércores, 17 de maio de 2006 0:12
Unha anotación rapidiña antes de me deitar, que mañá heime erguer cedo para aproveita-lo festivo.
Quixera darlle a miña noraboa o noso Pinto, noso... quere dicir dos celtistas, polo Zamora que acaba de conseguir. Realmente tiñao ben merecido. Sempre foi un bo porteiro, e foi unha bagoa que Caballero estivese ahi sacandolle a titularidade. A ver so agora non se fai demasiado famoso e ven algún dos grandes e nolo leva... por suposto, cando falo de algún dos grandes non estou pensando en que Molina marche pro fútbol inglés... e se necesite tapar ese oco... pra un bó que había no depor... e vaisevos... xa vos dicía eu a semana pasada que tivesedes animos que aínda podía ser peor a cousa, e xa vedes.
Por outra parte tamén quixera dicir que estou algo escandalizado... os xogadores do Madrid van recibir 60.000 € despois do que fixeron hoxe... Xa o dixo Florentino "no supe educar a mis jugadores", pois nada, os que quedan no seu sitio van polo mismo camiño...
Bueno... os que vos sintades algo mal despois de lerme, tampouco vos preocupedes, a fin de contas quizá maña destas horas poidades rirvos de min tamen... quizá si, quizá no. Sexa como sexa, deica mañá a estas horas... q si non vos teño q ler eu a vos, xa me teredes que ler vos a min.
+ ver máis >>