Castellano Galego A quen non lle barrena a cachola centos de veces o día?
É increible como unha pequena acción, unha frase, unha mirada poden facer que as cousas cambien moito. Pero eso si, siempre que a cousa sexa para peor. Cando un quere conseguir algo, costa moito, moitos feitos, moitas palabras ou moitas miradas, a segun don que se pretenda, pero cando un ten algo, ou cando cré telo, basta cun so feito, unha soa palabra ou unha sola mirada para que se desvaieza a torre mais alta, a que tanto costou levantar. Xa o dixo alguen... Somosche ben pouquiña cousa.
Levabache unhos días sin entrar por aqui e aledame ver que hai unhos cuantos comentarios novos, case case parece que esto quere coller algo de forma, pero ainda falta moito.
A dicir verdade, hoxe entre porque aquela rapaciña da Coruña da que falei noutro comentario, viume a dicir que lera o meu comentario, e increible, eu non lle dixera a ninguen que facia aqui estas anotacions de apirolado, mais ela dou con elas, ainda non che sei moi ben de que maneira...
Doeme a testa, e moito, e increible que cada vez que saio a tomar un par de copas por Santiago o dia seguinte sufra tanto... non é de recibo que nos den a trapallada que nos dan e a cobren como a cobren. Si se queren facer ricos que cobren as copas a dez euros, pero que non sigan destrozando o meu corpiño que de aqui a pouco non creo que haxa quen o cure.
As festas... eu nas pisei, porque eu sonche deses que miran de escapar das multitudes, pero polo que vin e me contaron a cousa estivo a topiño, por moito que nos queixaramos de que os concertos eran cativeiros e demais, a vista salta que non facia falta moito mais. Si total, nos o que queremos e festa... da igual quen cante.
Coume tomar unha aspirina, un almax e unha ducha quente, a ver si consigue ser algo persoa po que queda de día, que hoxe vai ser moi largo, notoo eu.
Pois non. Eche unha bagoa, pero vese que estos dos weblogs aqui en santiago non che vai nada ben.
Foron unhos cuantos os que crearon os seus perfiles, pero pasan moitos dias sin ver nada novo que ler.
Quizais non nolo superon vender todo o ben que facía falta. Eu lembro que como unha das principais aplicacións alguén dicía que os blogs dos compostelans contribuirían a que viñesen mais turistas a Santiago... Eu penso que eso é unha tontería...
En realidade esto aplicacións non é que teña moitas. Eu non entro a ler os blogs de ninguén para aprender nada, nin para documentarme nin nada de eso, ni desde logo tampoco escribo neste para enseñarlle nada a ninguén. Pero encontreille atractivo a esto de escribir comentarios, di ti que sin moito ton nin son, e si hai quen os lea, pois ben, e sinon eme igual, a min o que me fai chiste e escribilos e poder ler os de outra xente na procura de algún comentario co que discutir ou ir a pro del, ou sinxelamente lelo e non opinar... pero encontrome con que, alomenos aqui, non hai moito que ler... Asi que imaxinome que a este servizo quedanlle os días contados e pra poder discutir dos temas irrelevantes da cidade teremos que seguir indo a taberna.
Unha anotación rapidiña antes de me deitar, que mañá heime erguer cedo para aproveita-lo festivo.
Quixera darlle a miña noraboa o noso Pinto, noso... quere dicir dos celtistas, polo Zamora que acaba de conseguir. Realmente tiñao ben merecido. Sempre foi un bo porteiro, e foi unha bagoa que Caballero estivese ahi sacandolle a titularidade. A ver so agora non se fai demasiado famoso e ven algún dos grandes e nolo leva... por suposto, cando falo de algún dos grandes non estou pensando en que Molina marche pro fútbol inglés... e se necesite tapar ese oco... pra un bó que había no depor... e vaisevos... xa vos dicía eu a semana pasada que tivesedes animos que aínda podía ser peor a cousa, e xa vedes.
Por outra parte tamén quixera dicir que estou algo escandalizado... os xogadores do Madrid van recibir 60.000 € despois do que fixeron hoxe... Xa o dixo Florentino "no supe educar a mis jugadores", pois nada, os que quedan no seu sitio van polo mismo camiño...
Bueno... os que vos sintades algo mal despois de lerme, tampouco vos preocupedes, a fin de contas quizá maña destas horas poidades rirvos de min tamen... quizá si, quizá no. Sexa como sexa, deica mañá a estas horas... q si non vos teño q ler eu a vos, xa me teredes que ler vos a min.
Pois si, hoxe no existe fútbol, hoxe o seu nome e "furbo", así, con acento sevillano.
Agora está moi de moda o de dicir "a min o fútbol no me gusta", parece que un é mais fashion si se decanta por outros deportes, pero eu deboche ser moi pouco fashion, porque o furbo eche unha das miñas paisóns.
Quen verá hoxe os béticos... É incrible a rivalidade que hai entre eses dous, pero eu comprendoa. Eu son dos que opinan que as rivalidades son unha das cousas que mais bonito fan o furbo.
Eu sonche bastante culé e ademais celtista a dolor, e recoñezome totalemnte antimadridista y antideportivista. echeme igual o que xoguen, liga, copa, champions, uefa ou un amistoso eu quero que perdan sempre. Eso si, a rivalidade ta moi ben, dentro dos seus limites, a min nunca se me ocurriria discutir con ninguen por culpa do furbo, e cando os "malos" fan bo furbo, tamén sei recoñecelo, eso si... ultimamente non soi porque, non o dou recoñecido... posiblemente sexa que fai moito que non o fan ben. Certamente estes dous anos, alomenos futbolisticamente falando, tanche sendo bastante bos para os meus intereses, os meus van bastante ben, e os outros bastante mal.
A ver ahora que é o que pasa a próxima semana...
As miñas noraboas o Sevilla.
Pois si... taseme facendo algo duro. Fai unhos meses a miña irmanciña, a única que teño e a que quero con toda o meu ser, douselle por comprar un chaleciño alá pola zona de Padrón. Como dispón dunha pequecha parceliña antoxousselle de ter un can e ela queria un can grande. como non podía ser doutra maneira esforceime en encontrarlle o millor can do mundo, e podo decir que o conseguín. Compreille unha cachorriña de raza Golden. que maravilla de cans son estes... bonitos, mimosos, cariñosos... sen lugar a dúbida era a cadela perfecta para miña irmá, inclusive tiña pedrigree e todo, tamén é certo que tiven que pagala ben pagadiña, pero estou seguro de que ben o valía. Langy d´Luca puña nos seus papeis que era o seu nome, pero miña irmá chamaballe Lana. O "d´Luca" parece ser que é o apelido que lle ponen os criadores, e para todo o que teña ocasión de comprar un canciño con ese apelido, dende aqui aconselloo, compradeo, alomenos esta cadeliña saliu perfecta.
Pero hoxe... hoxe é un día triste. Onte unha fatal casualidade, unha imprudencia, un queseieu, fixo a que esta cadeliña se lle dese por cambiar o almorzo, e na vez de come-lo seu pienso escolleu comer un veneno para caracoles. Conseguiron que vomitase todo, pero non hubo mais que facer, a cadeliña xa non se levantaba e sufría unhos espasmos dolorosos hasta para os ollos de quen a miraba. Morreu. Por sorte morreu pronto, seguro que sufriu moitisimo, pero alomenos foi pouco tempo.
Dise que os cans non teñen alma, eu nin siquera creo que a teñamos nos, pero gustariame pensar que a súa alma está nun lugar ben agradable. Era unha cadela magnífica. Erache toda una Laniña.
Sufro unha profundisima rabia e impotencia, teño ganas de tirarlle das orellas a miña irmá e reprendela, pero non podo, seino que ela sufre moito e que aprendeu unha nova lección da vida.
Que todo vaia ben Lana.
Esta é unha desas notas que un fai para ver como queda, xa que é a primeira. Realmente hoxe non dispoño de moito tempo libre, é o me primeiro día nun novo traballo que levo tempo esperando e a cabeza andame dando moitas voltas como para poder poñer aqui cousas que puidesen parecer de interese xeral.