Compostela Castellano  Galego  

inquedanzas dun apirolao...

A quen non lle barrena a cachola centos de veces o día?

Felicidades Pinto

17/05/2006

Unha anotación rapidiña antes de me deitar, que mañá heime erguer cedo para aproveita-lo festivo.

Quixera darlle a miña noraboa o noso Pinto, noso... quere dicir dos celtistas, polo Zamora que acaba de conseguir. Realmente tiñao ben merecido. Sempre foi un bo porteiro, e foi unha bagoa que Caballero estivese ahi sacandolle a titularidade. A ver so agora non se fai demasiado famoso e ven algún dos grandes e nolo leva... por suposto, cando falo de algún dos grandes non estou pensando en que Molina marche pro fútbol inglés... e se necesite tapar ese oco... pra un bó que había no depor... e vaisevos... xa vos dicía eu a semana pasada que tivesedes animos que aínda podía ser peor a cousa, e xa vedes.

Por outra parte tamén quixera dicir que estou algo escandalizado... os xogadores do Madrid van recibir 60.000 € despois do que fixeron hoxe... Xa o dixo Florentino "no supe educar a mis jugadores", pois nada, os que quedan no seu sitio van polo mismo camiño...

Bueno... os que vos sintades algo mal despois de lerme, tampouco vos preocupedes, a fin de contas quizá maña destas horas poidades rirvos de min tamen... quizá si, quizá no. Sexa como sexa, deica mañá a estas horas... q si non vos teño q ler eu a vos, xa me teredes que ler vos a min.

http://compostela.cidadans.net/zawsze/2006/05/17/felicidades-pinto/
4 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Como pensas aproveitar o festivo do DEZASETE DE MAIO?

    Publicado por: odavi | 17/05/2006 10:49:39
  • 2. Pois ahora xa está aproveitado. Botei boa parte do día na Coruña visitando a unha amiguiña que fixen ala. Boa rapaza, dende logo.

    Por outra banda... Penso que non fai falta decir o contentazo que estou despois da victoria culé de hoxe, pero como penso que non é xusto profundizar nas feridas de moita xente sinxelamente vou deixar o comentario nun sinxelo NORABOA ó Barça.

    Publicado por: zawsze | 18/05/2006 02:47:08
  • 3. Marcos canta razon tes pero que pouco tiveches en conta,esas palabras deberias decir eu porque ubo un dia que o perdin todo. pero grazas a deus recupereime e volvo a ser eu a meniña rubia de ollos verdes pequechiña mal encarada pero que un dia moi lexano e quixera olvidalo amou e enamorouse por primeira vez coma unha tontiña deixouse levar e zas clavaronlle a puñalada.

    Publicado por: angy | 10/06/2006 13:36:24
  • 4. profundiza, profundiza.... que hai que profundizar cando un é bo, non?

    Publicado por: gaia | 06/07/2006 10:59:26

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados