Compostela Castellano  Galego  

inquedanzas dun apirolao...

A quen non lle barrena a cachola centos de veces o día?

Esto non vai...

21/05/2006

Pois non. Eche unha bagoa, pero vese que estos dos weblogs aqui en santiago non che vai nada ben.

Foron unhos cuantos os que crearon os seus perfiles, pero pasan moitos dias sin ver nada novo que ler.

Quizais non nolo superon vender todo o ben que facía falta. Eu lembro que como unha das principais aplicacións alguén dicía que os blogs dos compostelans contribuirían a que viñesen mais turistas a Santiago... Eu penso que eso é unha tontería...

En realidade esto aplicacións non é que teña moitas. Eu non entro a ler os blogs de ninguén para aprender nada, nin para documentarme nin nada de eso, ni desde logo tampoco escribo neste para enseñarlle nada a ninguén. Pero encontreille atractivo a esto de escribir comentarios, di ti que sin moito ton nin son, e si hai quen os lea, pois ben, e sinon eme igual, a min o que me fai chiste e escribilos e poder ler os de outra xente na procura de algún comentario co que discutir ou ir a pro del, ou sinxelamente lelo e non opinar... pero encontrome con que, alomenos aqui, non hai moito que ler... Asi que imaxinome que a este servizo quedanlle os días contados e pra poder discutir dos temas irrelevantes da cidade teremos que seguir indo a taberna.

http://compostela.cidadans.net/zawsze/2006/05/21/esto-non-vai/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. é unha pena; se lle deran máis publicidade e un formato non tan cutre esto enchíase de xente; unha pena vamos...saudos

    Publicado por: un eterno compostelan | 26/05/2006 03:25:39

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados