Castellano Galego A quen non lle barrena a cachola centos de veces o día?
Pois si... taseme facendo algo duro. Fai unhos meses a miña irmanciña, a única que teño e a que quero con toda o meu ser, douselle por comprar un chaleciño alá pola zona de Padrón. Como dispón dunha pequecha parceliña antoxousselle de ter un can e ela queria un can grande. como non podía ser doutra maneira esforceime en encontrarlle o millor can do mundo, e podo decir que o conseguín. Compreille unha cachorriña de raza Golden. que maravilla de cans son estes... bonitos, mimosos, cariñosos... sen lugar a dúbida era a cadela perfecta para miña irmá, inclusive tiña pedrigree e todo, tamén é certo que tiven que pagala ben pagadiña, pero estou seguro de que ben o valía. Langy d´Luca puña nos seus papeis que era o seu nome, pero miña irmá chamaballe Lana. O "d´Luca" parece ser que é o apelido que lle ponen os criadores, e para todo o que teña ocasión de comprar un canciño con ese apelido, dende aqui aconselloo, compradeo, alomenos esta cadeliña saliu perfecta.
Pero hoxe... hoxe é un día triste. Onte unha fatal casualidade, unha imprudencia, un queseieu, fixo a que esta cadeliña se lle dese por cambiar o almorzo, e na vez de come-lo seu pienso escolleu comer un veneno para caracoles. Conseguiron que vomitase todo, pero non hubo mais que facer, a cadeliña xa non se levantaba e sufría unhos espasmos dolorosos hasta para os ollos de quen a miraba. Morreu. Por sorte morreu pronto, seguro que sufriu moitisimo, pero alomenos foi pouco tempo.
Dise que os cans non teñen alma, eu nin siquera creo que a teñamos nos, pero gustariame pensar que a súa alma está nun lugar ben agradable. Era unha cadela magnífica. Erache toda una Laniña.
Sufro unha profundisima rabia e impotencia, teño ganas de tirarlle das orellas a miña irmá e reprendela, pero non podo, seino que ela sufre moito e que aprendeu unha nova lección da vida.
Que todo vaia ben Lana.
1. O que contas é moi triste e sinto moito que tivera pasado tal cousa, eu teño unha cadeliña de 11 anos (leva con nos dende os 2 meses)e fai uns meses enfermou do prancreas (incurable) pero a Deus gracias conseguin un medicamento en Londres e vai moi ben. Só imaxinar perdela enchenseme os ollos de baguas...comprendo a túa pena. Moitos ánimos amigo.
2. Zaw, estamos contigo... Oxalá esta dor que estades a sentir se apacigue de contado
3. ah de verdade que sinto o de lana. amin tamen me gustaba moito acordaste cando a compramos que a levamos a gasolinera mais chula pero a vida eche asi eu tamen aprendin algo da vida uns nacen para sufrir outros pa morrer outros pa ser felices e o mundo tache cheo de inxustizas e mentiras pero zawsze a vida e asi.
4. síntocho de veras, ao meu can pasóuche mais ou menos o mesmo, comiu veneno para ratas moi ben camuflado, imaxínate para que un can non o cheire!!! Algunha xente mala, que esperemos que non abunde. Legalmente non podes facer nada, a resposta que vas a atopar é "sólo era un can".
A verdade é que só podo sentir lástima por quen soamente ve un can, e non un amigo, un compañeiro que non lle fai falta nin falar, coa mirada sempre nos entendíamos, sobraban as palabras, ti enténdesme non si??