Compostela Castellano  Galego  

inquedanzas dun apirolao...

A quen non lle barrena a cachola centos de veces o día?

doeme a testa

26/05/2006

Levabache unhos días sin entrar por aqui e aledame ver que hai unhos cuantos comentarios novos, case case parece que esto quere coller algo de forma, pero ainda falta moito.

A dicir verdade, hoxe entre porque aquela rapaciña da Coruña da que falei noutro comentario, viume a dicir que lera o meu comentario, e increible, eu non lle dixera a ninguen que facia aqui estas anotacions de apirolado, mais ela dou con elas, ainda non che sei moi ben de que maneira...

Doeme a testa, e moito, e increible que cada vez que saio a tomar un par de copas por Santiago o dia seguinte sufra tanto... non é de recibo que nos den a trapallada que nos dan e a cobren como a cobren. Si se queren facer ricos que cobren as copas a dez euros, pero que non sigan destrozando o meu corpiño que de aqui a pouco non creo que haxa quen o cure.

As festas... eu nas pisei, porque eu sonche deses que miran de escapar das multitudes, pero polo que vin e me contaron a cousa estivo a topiño, por moito que nos queixaramos de que os concertos eran cativeiros e demais, a vista salta que non facia falta moito mais. Si total, nos o que queremos e festa... da igual quen cante.

Coume tomar unha aspirina, un almax e unha ducha quente, a ver si consigue ser algo persoa po que queda de día, que hoxe vai ser moi largo, notoo eu.

http://compostela.cidadans.net/zawsze/2006/05/26/doeme-a-testa/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aínda non hai Comentarios para este post...

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados